Campus da Auga

Presentación


Este II Symposium sobre Termalismo e Calidade de Vida (STCV-II), xurde como unha proposta coa que pretendemos consolidar un evento científico de gran relevancia que permita incrementar o potencial de desenvolvemento do proxecto de especialización do “Campus da Auga”, pero tamén o desenvolvemento termal da provincia e a cidade de Ourense. En concreto, coa súa celebración se pretenden acadar os seguintes obxectivos:

  • Crear un foro de encontro de profesionais e investigadores nacionais e internacionais interesados na temática da auga e en especial do termalismo, que permita establecer sinerxias entre o mundo académico científico e o sector da empresa.
  • Facilitar a actualización de coñecementos sobre aspectos relacionados co termalismo e a saúde, en especial no referido á caracterización e aproveitamento das augas termais e mineiromedicinais, o patrimonio e a arquitectura termal e o turismo experiencial e de saúde en termalismo.
  • Coñecer diferentes modelos de xestión e explotación das potencialidades das augas mineiromedicinais e termais e das súas implicacións para o turismo e a saúde.
  • Propiciar o encontro e a colaboración entre o sector científico académico e o mundo empresarial.
  • Estimular o coñecemento e a investigación xeral sobre o termalismo e as súas implicacions para a calidade de vida e a saúde.
  • Fortalecer os contactos entre institucións e equipos de investigación interesados nas temáticas da auga e de modo particular sobre o termalismo e as súas implicacións para a saúde e a calidade de vida.
  • Poñer en valor o potencial científico, económico, patrimonial e turístico da cidade e a provincia de Ourense como referente internacional en materia de termalismo, establecendo sinerxias con institucións clave na nosa provincia.
  • Estimular vínculos con terceiros países en materia de investigación sobre termalismo, de modo especial con países da contorna europea e latinoamericana.

Ademáis, o seu carácter multidisciplinar o convirte nun foro axeitado para establecer sinerxias e liñas de actuación conxunta entre a universidade, o tecido empresarial, económico, social e cultural da provincia e as Administracións Públicas, de forma que o Campus da Auga teña un forte impacto socioeconómico na provincia de Ourense. En definitiva a misión do Campus da Auga é a de ser o dinamizador dunha rede multidisciplinar e integrada de unidades de investigación, docencia e transferencia do coñecemento.

En concreto con motivo de la celebración do II Symposium Internacional de Termalismo e Calidade de Vida se pretende realizar actividades para incrementar o seu impacto, a través de accións tales como:

  • Grupos de traballo e discusión con membros do sector balneario e termal.
  • Grupos de traballo e discusión coa Confederación de Empresarios e empresas líder en temas de auga.
  • Convenios de colaboración con empresas relacionadas co recurso auga.
  • Convenios de colaboración con asociacións científicas e institucións promotoras do termalismo.
  • Acordos de colaboración con investigadores e grupos de investigación relevantes, en relación coa temática obxecto do Symposium.
  • Incrementar a rede de contactos nacionais e internacionais con universidades e institucións públicas e privadas relacionadas coa auga.
  • Identificar investigadores e grupos de investigación relevantes.
  • Favorecer o intercambio e mobilidade internacional de investigadores.

Sede do Symposium


O II Symposium Internacional de Termalismo e Calidade de Vida ten a súa sede en:

EXPOURENSE

Finca Sevilla s/n, 32005 Ourense

+34 988 366 030
expourense@expourense.org

Ver en Google Maps

STCV-II en Directo


Cómo chegar a Ourense


Ourense, referente urbán da Galicia interior, actúa polo seu emprazamento como un eixe de comunicacións que conecta a Galicia Atlántica co resto de España. Ademáis, mantén un estreito contacto con Portugal, cuxa fronteira se atopa a 60 quilómetros de distancia.

POR CARREITERA

En coche propio ou autobús, Ourense conta cunha boa rede de infraestruturas viarias que facilitan a viaxe. As principais cidades galegas, A Coruña, Santiago de Compostela e Vigo, están conectadas por autoestradas e autopistas e se atopan nun radio de menos de 200 quilometros á redonda. A A-52 sitúa a cidade a soamente 4 horas de Madrid, mentras que a segunda cidade portuguesa, Porto, se atopa a menos de 2 horas de traxecto.

Coordenadas: 42º20’11”N 7º51’48”W – 42.3379,-7.8638

Principais accesos:

  • Dende A Coruña e Santiago de Compostela: AP-53
  • Dende Porto, Vigo, Madrid: A-52
  • Dende Lugo: N-540
EN TREN

Con conexións co resto de España e á espera de que entre en funcionamento a liña AVE que conecte Ourense con Madrid en 2 horas e media, os novos trens AVANT comunican A Coruña con Ourense en só 1h.10 minutos e Santiago de Compostela en 38 minutos.

Consulte www.renfe.es para ver as combinacións.

EN AVIÓN

Aínda que Ourense non conta con aeroporto, as boas comunicacións sitúan aos tres aeroportos galegos internacionais a só un paso. O aeroporto de Peinador en Vigo está a 90 km, Lavacolla en Santiago de Compostela a 115km e Alvedro en A Coruña a 176 km. Tamén é posible viaxar dende Sá Carneiro, en Porto, a escasas dúas horas de traxecto.

Aloxamento


HOTEIS CONCERTADOS

Listaxe de Hoteis concertados co II Symposium sobre Termalismo e Calidade de Vida:

DUI: Dormitorio Uso Individual | DOB: Dormitorio Doble | S/A: Soamente aloxamento | A/D: Aloxamento e almorzo | IVE engadido en todos os prezos

HOTEL PRINCESS

988 269 538
hprincess@hotelprincessorense.com

DUI A/D: 44€
DOB A/D: 55€

HOTEL CARRIS

988 375 523
cardenalquevedo@carrishoteles.com

DUI S/A: 81€ | DOB S/A: 89€
DUI A/D: 81€ | DOB A/D: 97€

HOTEL SAN MARTÍN

988 371 811
reservas@granhotelsanmartin.es

DUI S/A: 49€
DUI A/D: 57€ | DOB A/D: 65€

HOTEL FRANCISCO II

988 242 095
hfranciscoii@gmail.com

DUI A/D: 56€
DOB A/D: 74€

HOTEL PUENTE ROMANO

988 231 520
reservas@hotelpuenteromano.com

DUI S/A: 39,90€ | DOB S/A: 45,10€
DUI A/D: 42,35€ | DOB A/D: 50,60€

HOTEL ALTIANA

988 370 952
info@hotelaltiana.com

DUI S/A: 35,00€ | DOB S/A: 48,00€
DUI A/D: 39,90€ | DOB A/D: 55,00€

HOTEL ZARAMPALLO

988 230 008
zarampallo@zarampallo.com

DUI S/A: 35,00€
DOB S/A: 50,00€

HOTEL IRIXO

988 254 620
info@hotelirixo.es

DUI S/A: 33,00€
DOB S/A: 48,00€

HOSTAL LIDO

988 213 600
hostallido@gmail.com

DUI S/A: 25,00€
DOB S/A: 36,00€

HOSTAL CÁNDIDO

988 229 607
hostalcandido@gmail.com

DUI S/A: 25,00€ | DOB S/A: 36,00€
DUI A/D: 28,00€ | DOB A/D: 42,00€

HOTEIS NA CIDADE DE OURENSE

Nos derradeiros anos a cidade ten visto crecer a súa oferta hotelera incorporando establecementos de prestixiosas cadeas que conviven con establecementos máis clásicos avalados por anos de experiencia e calidade.

No seguinte mapa se amosan os principais aloxamentos na cidade de Ourense.

OFERTAS DE ALOXAMENTO EN OURENSE E ALREDEDORES

Ourense é un lugar para relaxarse, descansar e sentirte como en casa. Na cidade ou nos arredores, as opcións son moitas e variadas, aptas para todos os petos. Unha oferta de aloxamento onde, como era de esperar, as propostas termais tamén están presentes.

Visite as diferentes opcións de aloxamento en termalismo.ourense.es


Organizan / Patrocinan / Colaboran: