Campus da Auga
Campus da Auga
As augas mineiromedicinais e termais son unha área de alto interese científico dentro dos ámbitos de especialización do Campus de Ourense (Campus da Auga) da Universidade de Vigo. O seu estudo e aproveitamento poden incidir claramente na calidade de vida da sociedade actual, contribuíndo moi significativamente ao seu benestar.

Ourense destaca por ser unha das provincias con maior tradición termal e de balnearios da península, sendo ademáis a súa capital unha das principais cidades termais de Europa. Polo tanto, o termalismo é un ámbito estratéxico como motor do desenvolvemento económico no ámbito do termalismo e o turismo, convertíndose nun destino preferencial para o que ten dado en chamarse o Turismo experiencial e de saúde en termalismo.

Dende o punto de vista institucional, o II Symposium Internacional sobre Termalismo e Calidade de Vida constitúe unha oportunidade para avanzar na estratexia de colaboración de institucións públicas da provincia significadas no termalismo, tales como o Concello de Ourense, a Deputación Provincial de Ourense e Expourense e a Universidade de Vigo (Campus de Ourense-Campus da Auga), quenes xa veñen colaborando nesta materia.


O II Symposium Temalismo e Calidade de Vida está organizado en torno a tres áreas temáticas prioritarias e unha cuarta de carácter xenérico:

Augas mineiromedicinais e termais

Caracterización físico-química das augas termais e mineiromedicinais. Hidroxeoloxía
Analítica e control de calidade de augas
Aproveitamientos tradicionais e novas orientacións de uso (enerxía, cosmética, etc.)
Marco xurídico e administrativo da auga termal

Patrimonio e arquitectura termal

Patrimonio arqueolóxico termal (Antigüidade)
Patrimonio histórico termal (Época Moderna e Época Contemporánea)
Arquitectura, rehabilitación e posta en valor de balnearios históricos
Nova arquitectura dos centros termais: proxectos, retos e perspectivas

Termalismo experiencial e de saúde

Hidroloxía médica. Balneoterapia, talasoterapia
Termalismo saudable para persoas maiores
Planificación e promoción do turismo termal
Xestión e administración de centros termais

Investigación xeral sobre a auga

Hidráulica
Hidroloxía
Eficiencia enerxética
Outros


Organizan / Patrocinan / Colaboran: